Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas asegura que o prazo de exposición do PXOM é o máximo que permite a lei

pxom

A alcaldesa de Redondela contesta así ás críticas do PP quen reclamaran ao goberno local que se incrementara o prazo de exposición do Plan Xeral por entender que a veciñanza precisaba de máis tempo para presentar as alegacións que consideren oportunas. Asegura Digna Rivas que “a Lei do Solo de Galicia establece un prazo de dous meses de información pública, e o goberno local de Redondela decidiu amplialo ata os tres meses, que é o máximo que permite a lei”.

Afirma ademais que o actual goberno fixo un esforzo de cara a que a veciñanza poida consultar o documento urbanístico e realizar as consultas que precise. Neste sentido puntualiza que se realzou un contrato para ampliar a atención ao público na oficina técnica “que presta asesoramento os cinco días da semana, cunha xornada de atención tamén pola tarde” e lembra que a cita pode solicitarse de xeito telemático na páxina web do Concello así como de xeito presencial nas dependencias do Concello ou vía telefónica.

A maiores están a realizarse reunións informativas en todas as parroquias, que non estaban contempladas no anterior contrato asinado polo goberno popular de Javier Bas nas que “se informa aos veciños en liñas xerais de como o PXOM afecta a cada parroquia”. Para facilitar o acceso a toda a información relativa ao plan urbanístico tamén está dispoñible na web do Concello un visor dixital onde buscar as parcelas “dun xeito cómodo e cun funcionamento sinxelo e intuitivo”.

A rexedora insiste en que a prioridade do goberno local é “facilitar todos os medios posibles á veciñanza para que coñezan o plan, que teñan toda a información e poidan facer as súas alegacións” .

Afirmación que os populares non comparten xa que segundo eles “as reunións parroquias son demasiado técnicas” e os tempos de consulta e información nas citas son escasos ao teren os veciños tan só “15 minutos para poder facer a consulta, o que conleva que teñen que pedir varias citas para poder ter solución ás súas preguntas sobre as súas propiedades”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará