Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria do Choco que o sitúa a unha xornada do posible ascenso

WhatsApp Image 2024-05-07 at 19.20.46 (1)

O CD Choco venceu ao CD Moaña e situase a un paso máis do ascenso. O Campo Municipal de Santa Mariña acolleu este domingo o penúltimo encontro da liga en Preferente, onde os de Tizón gañaron por goleada nun partido que lles permite chegar con algunha opción de ascenso á derradeira data do campionato ligueiro.

O CD Choco – CD Moaña (5-1).

O partido do domingo non comezou fácil, porque o conxunto moañés púxose por diante no marcador cun gol no minuto 17. O Choco mantivo a intensidade e unha boa xogada de Adri e Capelo materializouse no empate a 1 no minuto 28. A partir de aí foron imparables no obxectivo de acadar o maior número de goles posibles.  Antes do descanso xa estaban por diante do rival e na segunda parte o Moaña, centrado en reducir distancias, non conseguía chegar con moito perigo ás inmediacións de Iván Comesaña na portaría. Nos compases finais, Samu Vilariño e Rodri aumentaban a vantaxe para despedirse de Santa Mariña cunha gran vitoria.

Grazas aos 5 goles e os tres puntos deste partido o CD Choco mantén o pulso co Céltiga e Valladares, tamén gañadores dos seus respectivos encontros e rivais directos aos que ten que superar en puntos para lograr o obxectivo que é o ascenso a Terceira Federación.  Para que os choqueiros  ascenda terían que darse varios factores. Por un lado, que os de Tizón gañen a xornada que queda de liga e por outro que o Valladares e o Céltiga empaten ou perdan na final da tempada.

Na última xornada do campionato, que se celebra o domingo 19 de maio, o CD Choco desprazarase ata Xinzo de Limia para enfrontarse ao Antela nunha emocionante cite do fútbol galego.

Goles: 0-1 Antón Rial (min. 17), 1-1 Capelo (min. 28), 2-1 Adri (min. 36), 3-1 Adri (min. 54), 4-1 Samu Vilariño (min. 87), 5-1 Rodri (min. 90).

PRIMEIRA GALICIA

CD Arcade – Moraña CF (1-0)

Vitoria do CD Arcade na casa que os mantén nunha cómoda novena posición empatados a 48 puntos co Tyde CF e o Racing de Castrelos.  O resultado foi de 1 fronte a 0 e o gol, marcado por Nordine El Arfaoui, chegou no minuto 62. A próxima xornada visitan ao SCD Ponte Caldelas, segundos pola cola.

SEGUNDA GALICIA

EF Cobres – CD Soutomaior (0-5)

Vitoria tamén para o CD Soutomaior que xa ten asegurado o as censo de forma matemática a primeira autonómica, onde xogará contra o Arcade. Despois de vencer na súa visita ao Cobres cun resultado de 0 fronte a 5 mantéñense de segundos con 67 puntos. A próxima xornada reciben ao Figueirido CF, segundos pola cola.

A Lama SD – CD Cesantes (3-1)

A unha xornada para rematar a liga, o CD Cesantes parece estar condenado ao descenso. Despois da derrota do domingo fronte A Lama cun resultado de 3 fronte a 1, o equipo continúa de pechacancelas do grupo con 12 puntos. O próximo domingo reciben ao Unión Dena, rival que precisa gañar o último partido da tempada para volverr aos postos de ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará