Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Fútbol Sala local remata a tempada sen sorpresas

438162373_122145162248105837_5551898193440116286_n

Rematou a tempada nas distintas ligas do Futbol sala local, sen cambios que impliquen un ascenso ou descenso para os nosos equipos. Tanto a SD Pazos de Borbén FS como o Redondela FS mantéñense no medio da táboa en terceira División Nacional e Preferente, respectivamente. Destaca o Campito Chapela FS que tras unha tempada moi preto do último posto, desmárcanse nas últimas xornadas e consigue saír da zona de descenso.

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL

SD Pazos de Borben Fs – IM Galical Rábade FS (3-1)

O Pazos asegura a permanencia un ano máis en Terceira División Nacional, despois da vitoria do domingo contra o Rábade cun resultado de 3 fronte a 1. Rematan nunha novena posición con 42 puntos.

PREFERENTE

Campito Chapela FS – Redondela FS Rodavigo (7-3)

O Derbi vivido este domingo no Campo Municipal de Redondela rematou a favor dos de Chapela, grazas ao que afianzan a permanencia. Foi un partido emocionante no que o Campito dominou a primeira metade con claridade. Despois do descanso o Redondela FS comezou a presionar e logrou arrincar 3 goles, todos eles en 4 minutos intensos dende o primeiro no 30’ ao terceiro no 34’.

O Redondela FS e o Campito Chapela FS rematan a liga nun oitavo e décimo terceiro posto, respectivamente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará