Os lemas propostos polos clubs deportivos son: “Por min, por ti, por nós… Labrando futuro”; “Como muller, nin un PASE atrás”; “Tod@s coa mesma pegada, o éxito é loitar pola igualdade”; “Na loita polo noso deporte só poñemos paixón, nin zapatillas, nin tacón” e “Porque na pista, a diversidade é a nosa forza, rompemos estereotipos para rodar cara á igualdade. E ti, súmaste?”. A veciñanza ten de prazo ata mañá mércores para elixir a súa proposta.
Redondela aposta pola igualdade dende o deporte coa convocatoria dunha campaña que levará aos pavillóns municipais de A Bomboneira e A marisma os lemas máis votados de entre os propostos polos clubs que se animaron a participar. Dende onte luns e ata mañá mércores, os veciños e veciñas de Redondela que o desexen poden votar na Campaña pola Igualdade no deporte “E ti por que loitas?” .
Logo de que os clubs propuxeran diferentes lemas co fin de dar visibilidade ás desigualdade no deporte agora é a quenda da veciñanza que poden participar votando a súa frase preferida. A proposta gañadora será revelada o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e plasmarase nun deseño gráfico que vestirá os pavillóns municipais de Redondela e A Marisma “para conmemorar esta campaña e lembrar, día a día, a importancia continuar coa loita pola igualdade”.
Para votar é preciso ter dado de alta a Tarxeta Cidadá do Concello de Redondela e estar empadroado na localidade. Os concelleiros Iria Vilaboa e Iván Valles animan á veciñanza a participar nesta votación “xa que o obxectivo é que toda a sociedade se implique”.
2 respostas
Voto polo lema: “Por min, por ti, por nós…. labrando futuro!
Dou o meu voto a :
Por min, por ti, por nós, labrando futuro