O Pavillón Municipal da Marisma acolle este venres 17 unha exhibición de fútbol sala organizada polo Club Casa Paco e o Concello de Redondela con participación dos máis cativos.
Sairán a pista, a partir das 09:40 horas, neste VI torneo de futbol sala mini nenos e nenas nados nos anos 2018 e 2019. Rapazada que con tan só 5 ou seis anos xa amosan o seu bo facer na pista. Durante o evento proxectarase no videomarcador fotos da historia do club Casa Paco e haberá un sorteo de empanadas de Choco de Redondela. No tempo de descanso, terá lugar un accto homenaxe ao ex-membro de Casa Paco Manu Rancaño, actual xogador do Pontevedra.
Ao remate farase entrega das medallas e agasallos aos xogadores e clubs participantes entre os que se atopan o UD Mos, SD, Pazos, Arealonga FS, Arbo CF, ED Val Miñor, Fundación Celta e o anfitrión.