Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de empresarios lamenta a falta de ambición no PXOM de Redondela

pxom empresarios

Un plan que “carece dunha previsión de futuro respecto do que se quere facer en Redondela, ao non recoller posibilidades de crecemento industrial, nin comercial e nin sequera residencial”. Así define o PXOM o presidente dos empresarios, Enrique Lago quen entenden que este documento urbanístico podería ter consecuencias negativas a longo prazo para a calidade de vida dos cidadáns e a curto prazo “provocar un incremento do que moitos veciños pagan por IBI xa que a metade dos ingresos estimados por este concepto (máis dun millón de euros) recaerá sobre particulares”.

O presidente do colectivo, Enrique Lago explica que o plan carece dunha dirección estratéxica que defina claramente o futuro de Redondela xa que non se abordan cuestións fundamentais como “a deficiente mobilidade, a difícil accesibilidade ou a harmonización das áreas da actividade” e lamenta que non haxa crecemento residencial “malia a enorme carencia de vivenda no municipio”. Neste sentido engade que malia que se fale da posibilidade de construír máis de 5000 vivendas novas, “non é unha estimación real cando o desenvolvemento urbano tanto no casco urbano de Redondela como de Chapela queda limitado a situación actual”. Algo que acrecentará a caída de poboación que xa se ven detectando nos últimos tempos en Redondela.

Lamenta tamén que as chamadas microáreas de centralidade económica (micropolígnos) non vaian ter os servizos necesarios para medrar e atraer así unha industria “limpa, de loxística e de almacenamento para servizos”.

Outras das críticas da Asociación de Empresarios pasa porque en ningún momento se tivo en conta a súa opinión respecto da cal era o mellor proxecto para Redondela, aló menos no ámbito empresarial e industrial. Aseguran que en varias ocasións tentaron reunirse cos políticos e os redactores do plan para dar a súa opinión sen que en ningún momento os tiveran en conta. Recoñece que esta mesma semana si puideron reunirse con eles pero lamentan que esa invitación cheguen “demasiado tarde, a tan só un mes de que remate o prazo de exposición pública, cando o proceso de elaboración prolongouse durante seis anos”.

Agora están a valorar a presentación de alegacións por parte das empresas asociadas ou mesmo a elaboración dunha alegación tipo dende a propia Asociación de Empresarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará