- Este evento pasou.
Xogos da lingua
Maio 21 @ 09:30 - 14:30
Xogos da lingua é unha proba en formato de xogo olímpicos que se vai celebrar en Soutomaior o día 21 enmarcado dentro da programación das letras galegas. Unha proba na que participarán 240 escolar que comezará en Salgueirón, relevo no IES Soutomaior e chegada a Talo para participar na gran festa das letras amenizada cun espectáculo especial do pallaso Peter Punk. Esta actividade ten como obxectivo amosar, a través do relevo, a importancia de falar a nosa lingua, o galego, a importancia de transmitir e do relevo xeracional do noso idioma.