Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reclama no parlamento a posta en valor da Illa de San Simón

RR_Noticias

O voceiro de Cultura dos parlamentarios do PPdeG Ignacio López Chaves resalta que durante o Goberno bipartito a xestión das instalacións coas que contan as illas “careceu de planificación”, polo que durante eses catro anos “non foron utilizadas conforme ás súas posibilidades”.

O Grupo Parlamentario Popular ven de rexistrar unha proposición non de lei dirixida a que a Xunta de Galicia poña en valor as potencialidades culturais das illas de San Simón e San Antón, na Ría de Vigo. A iniciativa, presentada polo voceiro de Cultura do Grupo Popular, Ignacio López-Chaves, pretende así mesmo que se aproveiten as infraestruturas deses espazos.
López-Chaves lembra que durante os gobernos do PPdeG na Xunta realizáronse importantes investimentos para recuperar estas illas. Así, nos anos 90 comezaron os traballos da entón Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para lograr esa recuperación integral e dotalas dun uso cultural e público. Así mesmo, en 1997 iniciouse o proceso para a súa declaración como Ben de Interese Cultural na categoría de sitio histórico e no ano 1998 a elaboración do Plan director polo arquitecto César Portela. As obras realizadas nas illas remataron en 2005.
Sen embargo, o voceiro de Cultura dos parlamentarios do PPdeG resalta que durante o Goberno bipartito a xestión das instalacións coas que contan as illas “careceu de planificación”, polo que durante eses catro anos “non foron utilizadas conforme ás súas posibilidades”.
Para o Grupo Popular, resulta do maior interese o aproveitamento deses espazos e das modernas instalacións neles ubicadas para fins culturais, o que, ademais, daría sentido aos investimentos realizados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará