Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Sara Traba – ConectaLAB

Todos os xoves dedicamos este espazo a unha entrevista sobre cultura. Hoxe contamos con Sara Traba directora, montadora, camarógrafa e artista multidisciplinar viguesa. O motivo da nosa conversa é a súa participación no laboratorio Conecta LAB organizado pola Asociación Gallega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) e celebrado na Illa de San Simón.

Entre os seus traballos destaca a dirección e guión da curtametraxe “As vacas de Wisconsin” proxectado e premiada en festivais como o Festival Ibérico de cinema; Cortada Vitoria-Gasteiz short Film Festival e Sitges Film Festival de Curtametraxes de Bogotá (Colombia); Festival de Cans; Premios Mestre Mateo dá Academia Galega do Audiovisual; Premis Gaudí de l’Academia do Cinema Catalá… E como documentalista salienta a  “A festa do emigrante” e  ”Comando igualdade” . Nestes momentos está a traballar na súa primeira longametraxe de ficción “As Cárcavas”, en proceso de guión e peza coa que se presentou no Conecta LAB deste ano.

Redes soiciais doutros proxectos:

Facebook do Ciclo de Cinema galego-portugués: Mulleres, patrimonios, sociedade.

Vimeo de Sara Traba nesta ligazón.

“As cárcavas son os surcos que se producen nas rocas e chans pola erosión do paso da auga. Son como cicatrices que o tempo deixa na terra. As cárcavas constrúese a través de moitos momentos de observación da paisaxe, momentos nos que sentimos as cousas como veñen, non podemos modificar eses instantes nin sentilos doutra maneira. Simplemente chegan”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp