Foto de CantaTorrella no escenario
CantaTorrella será a banda encargada de pechar o Festival de Títeres de Redondela cun concerto o domingo 19 de maio ás 21:00 horas na Pista da Xunqueira. Entre as sorpresas que prepara o grupo redondelán atópase a estrea da canción “25 titiriteiras” composta especialmente para o 25 aniversario do festival coa intención de despedir “por todo o alto a mostra máis grande de treatro e monicreques de Galicia”.
CantaTorrella é unha banda redondelá que se empeza a fraguar a finais do ano 2021. Na actualidade está formada por Antonio Vidal (guitarras e voz), Myriam Cortizo (acordeón, teclados, clarineta, percusións e coros), Diego Orge (batería e percusións), Mario Blanco (baixo) e Fon Conde na voz. Defínense por ter unha proposta musical orixinal na que mesturan tradición e modernidade, movéndose con comodidade en diferentes estilos como poden ser a rumba, a cumbia ou o Rock and Roll. “25 titiriteiras” representa o espírito do fetival seguindo a liña habitual do grupo e agradecen ao director Luís Crespo esta oportunidade que “recollen con alegría” e coa que prometen “facer bailar a todo o mundo”.
Lembrar que as actuacións do sábado e domingo dentro do Fetival de Títeres de Redondela corresponden aos seguintes horarios:
PROGRAMACIÓN DE SALA
Sábado 18 de maio ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira La Chana Teatro coa obra “Blancanieves” para maiores de 8 anos e cunha duración de 55 minutos.
Fundada en 1987 por Áurea Pérez e Jaime Santos. Ao longo destes anos conseguiron desenvolver unha forma propia de contar historias sempre centrada no obxecto, a palabra e o espazo.
“Blancanieves” é unha versión hilarante do clásico Brancaneves, contada dende o verso, o xogo cos obxectos pero, sobre todo, dende o humor. Estamos ante un espectáculo minucioso e de gran calidade interpretativa. Ten o Premio Max-2023 a Mellor espectáculo infantil/xuvenil.
Domingo 19 de maio ás 19:00 horas no Auditorio da Xunqueira o arxentino Sergio Mercurio coa obra “Viejos” para maiores de 14 anos e cunha duración de 70 minutos.
Escritor, cineasta, director e actor de teatro, coñecido internacionalmente como O Titiriteiro de Banfield, da súa etapa creativa anterior, é un dos grandes titiriteiros de Latinoamérica.
“Viejos” é unha obra que fala do paso do tempo onde cada personaxe dános unha lección vital, entre risas e suspiros, con diálogos cheos de humor pero tamén cheos desas reflexións que escarvan no corazón do espectador/a.
PROGRAMACIÓN DE RÚA SÁBADO
12:30h. Alameda de Castelao: “Cousas da casa” dos galegos Micromina Teatro.
17:00h. Praza de Ponteatras: “Kinetiko” Xirapaus. Dos galegos Instalación autómatas.
17:30h. Alameda de Castelao: “Cousas da casa” dos galegos Micromina Teatro.
18:00h. Salgueiral: “Cuentos de México” dos mexicanos Grupo Saltimbanqui.
18:00h. Espazo Xan Carallás: “Cé orquestra pantasma” de “Home Orquestra”.
18:30h. Pista da Xunqueira: “Tutankamón, el niño Faraón” dos castelanoleonenses Mutis Teatro.
19:30h. Salgueiral: “Cuentos de México” dos mexicanos Grupo Saltimbanqui.
19:30h. Espazo Xan Carallás: “Cé orquestra pantasma” de “Home Orquestra”.
20:00h. Casa da Torre: “La Cabra” dos andaluces El Espejo Negro.
20:00h. Antigo campo de Petanca: “Todos ao balcón!” dos galgos Viravolta Títeres.
22:00h. Paseo da Xunqueira: Actuación musical dos galegos Kedirán.
PROGRAMACIÓN DE RÚA DOMINGO
11:45h. Fonte do Mouro: Ruada “A brincadeira das mouras”. Romaría itinerante que percorrerá dende a Fonte do Mouro a Rúa Picota, Loureiro, Cruceiro, Reveriano Soutollo e ata o Concello.
12:00h. Praza de Ponteareas: “A Feira dos imposibles” dos aragoneses Civi-Civiac.
12:30h. Antigo campo da Petanca: “Coa música a outra parte” dos galegos Trécola Producións.
12:45h. Reveriano Soutullo: “Dom Roberto” dos portugueses Marionetas Rui Sousa.
13:00h Alameda de Castelao: “Barriga Verde” dos galgegos Títeres Alakrán.
13:30h. Soportais do Concello: “Granujas a todo rtimo” dos cántabros MG Prod.
17:00h. Praza de Ponteareas: “A Feira dos imposibles” dos aragoneses Civi-Civiac.
17:00h. Reveriano Soutullo: “Dom Roberto” dos portugueses Marionetas Rui Sousa.
17:30h. Salgueiral: “Cuentos de México” dos mexicanos Grupo Saltimbanqui.
17:30h. Espazo Xan Carallás: “Cé orquestra pantasma” de “Home Orquestra”.
17:30h. Casa da Torre: “Tutankamón, el niño Faraón” dos castelanoleonenses Mutis Teatro.
18:00h. Alameda de Castelao: “Barriga Verde” dos galgegos Títeres Alakrán.
19:00h. Antigo campo da Petanca: “Coa música a outra parte” dos galegos Trécola Producións.
19:00h. Salgueiral: “Cuentos de México” dos mexicanos Grupo Saltimbanqui.
19:00h Reveriano Soutullo: “Dom Roberto” dos portugueses Marionetas Rui Sousa.
19:30h Espazo Xan Carallás: “Trikimachín” Pulpiño Viascón dos galegos Home Orquestra.
21:00h. Pista da Xunqueira: Concerto CantaTorrella.