Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior multará aos propietarios que non recollan os excrementos das súas mascotas

veciña paseando can por Arcade

A ordenanza que regula esta infracción contempla sancións que van dende os 600 aos 800 euros para aquelas persoas que non recollan as deposicións dos seus animais na vía pública. Dende o goberno local explican que se está a traballar para erradicar “actitudes incívicas” detectadas en varias rúas do concello “como que non se limpen os excrementos das mascotas ou a presenza de inxentes cantidades de cabichas nas beirarrúas e zonas de ocio”.

Nun principio está previsto levar a cabo unha campaña de sensibilización co fin de sensibilizar á cidadanía coa reciclaxe e cun uso adecuado das papeleiras xa que tamén se detectou falta de información e sensibilización nesta materia. Estase a traballar tamén xa no procedemento de sancións e a Policía Local prestará especial atención a actos incívicos como os excrementos caninos, tirar cabichas ao chan ou que se verta lixo fora da papeleira e colectores.

Neste senso, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo sinalou que a inmensa maioría da veciñanza de Soutomaior actúa cun civismo e respecto exemplares e que non poden deixar que os actos incívicos dunha minoría estraguen a imaxe e ás rúas do municipio. Engadiu que “non é admisible que porque unha persoa non recolla os excrementos da súa mascota, outra persoa que, por exemplo, vaia en cadeira de rodas teña que soportar esta situación. Ou que persoas que teñen vivendas e negocios teñan que atoparse día tras día con excrementos nas súas portas. Por iso traballaremos nunha ordenanza para fomentar o respecto e a limpeza do noso concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará