- Este evento pasou.
Concerto de CantaTorrella
Maio 19 @ 21:00 - 22:30
CantaTorrella será a banda encargada de pechar o Festival de Títeres de Redondela cun concertó o domingo 19 de maio na Pista da Xunqueira. Entre as sorpresas que prepara o grupo redondelán atópase a estrea da canción “25 titiriteiras” composta especialmente para o 25 aniversario do festival coa intención e despedir “por todo o alto a mostra máis grande de treatro e monicreques de Galicia”.
CantaTorrella é unha banda redondelá que se empeza a fraguar a finais do ano 2021. Na actualidade está formada por Antonio Vidal (guitarras e voz), Myriam Cortizo (acordeón, teclados, clarineta, percusións e coros), Diego Orge (batería e percusións), Mario Blanco (baixo) e Fon Conde na voz. Defínense por ter unha proposta musical orixinal na que mesturan tradición e modernidade, movéndose con comodidade en diferentes estilos como poden ser a rumba, a cumbia ou o Rock and Roll. “25 titiriteiras” representa o espírito do fetival seguindo a liña habitual do grupo e agradecen ao director Luis Crespo esta oportunidade que “recollen con alegría” e coa que prometen “facer bailar a todo o mundo”. CORTE
Lembrar que hoxe as actuacións de sala continúan ás 20h da tarde no Auditorio do Multiusos da Xunqueira co artista neerlandés Lejo e a súa obbra de títeres corporais “Mans arriba!”. Hoxe tamén dentro da programación de rúa podemos atopar aos franceses Théâtre Jaleo coa obra de teatro portátil “Edén” no Palco da Música da Alameda de Castelao a partir das 22h da noite.