Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía identifica un mozo como autor de varios actos vandálicos no centro da vila

actos vandálicos 1

Foto: Policía Local

Colectores tirados e lixo esparexido polo chan, polas de árbores arrancadas, danos na balaustrada do río Alvedosa, roturas de sinais de tráfico… unha xeira de actos vandálicos que se producían na madrugada do xoves e que foron autoría dun único home: un varón de 21 anos de idade veciño de Pazos de Borbén.

Axentes da Policía Local foron alertados polos veciños da rúa Xeneral Rubín que na madrugada do pasado xoves escoitaron ao varón que, ademais de causar danos no mobiliario urbano por todo o casco urbana, dedicábase a dar berros ao tempo que se desprazaba cara o Concello. No camiño foi deixando unha longa desfeita, como o envorcado de colectores do lixo ou rotura de arboredo así como danos en sinais de tráfico.

Os policías localizárono e, ao verse sorprendido, fuxiu a carreira sendo perseguido polos axentes dende o Paseo da Xunqueira ata a rúa Cabo dos Fumeiros, onde foi interceptado.

O varón, vello coñecido pola Policía Local por incidentes previos, foi identificado e denunciado ante a Subdelegación do goberno por catro infraccións da Lei de Seguridade Cidadá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará