Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Álex e Théo Gourdon escollen Redondela como base para o seu novo equipo de Supermoto

Diseño sin título (2)

O Team GR Husqvarna formado en Redondela é “un equipo con 100% ADN galego’, co obxectivo de competir ao máis alto nivel na categoría de motociclismo do Supermotard e creado polos irmáns Gourdon-Rafael.

Álex (17 anos) e Théo (18 ano) contan xa con experiencia en motociclismo de Velocidade da man do equipo Leopard Impala Junior Team en competicións como a Hawkers European Talent Cup en Estoril, o Mundial Junio de Velocidad, ou o Campionato de España ESBK 2020 no que Théo logrou clasificarse como o terceiro mellor piloto da súa categoría a nivel nacional. En 2023 competiron representado a VF co equipo Monlau e co que Álex participou no Campionato de España de Supermoto en Villena e na VF Challenge Lirón en Supermoto Sub21. Puido aprender rodeado dos mellores pilotos e afianzar a súa presenza na categoría de Supermoto.

“Estamos moi motivados por competir en casa”, Álex Gourdon.

Ambos irmáns compaxinan as competicións de velocidade e supermoto e agora “gracias a influencia do seu adestrador Ricar Jové” deciden dedicarse principalmente a esta última disciplina formando o seu propio equipo Team GR Husqvarna. Síntense moi ilusionados e explican que “o lugar máis lóxico para establecer a base de operacións sería Barcelona, pola gran presenza deste deporte na cidade”. Sen embargo, prefiren “facer as cousas na casa”.

“En Barcelona está o corazón dos circuítos”, Álex Gourdon.

O circuíto de A Madalena en Forcarei, non está lonxe de Redondela. Consideran que o “Supermotard pódese adestrar perfectamente en Galicia, a pesar de ser un deporte minoritario aquí” .

“Forcarei é o circuíto de casa e tamén adestramos alí”, Théo Gourdon.

Gracias a presenza do equipo de Álex e Théo, Redondela contará cunha estrutura profesional e un equipo experimentado formado polo Director Deportivo Ricard Jové, o técnico de suspensións Justo e os mecánicos Martin, Kevin e Unai. “Gastan” unha moto por ano e tras os logros acumulados están patrocinados por Huqsvarna, unha gran axuda que fai posible este novo proxecto.

“Cada ano hai motos novas que como piloto oficial hai que ir renovando”, Théo e Álex Gourdon.

A evolución dos pilotos é moi positiva e podería dicirse que meteórica. Pasaron de clasificarse múltiples veces en anos anteriores na terceira e segunda posición nacional a acadar os primeiros postos nas competicións estatais e europeas. Este ano o Campionato de España de Supermotard celebrouse a mediados de abril no Complex do Motor do Circuit d’Albaida en Valencia. Os dous irmáns participaron co seu propio equipo Team GR Husqvarna e puxeron o aliciente no campionato estatal. Alí Theo gañou o primeiro posto na categoría SMRoad e Alex destacou por ser o máis rápido do circuíto, pero sen chegar a vencer por una penalización na segunda manga.

“En Albaida considero que fixen dúas carreiras de forma moi intelixente e por iso son o líder da clasificación xeral”, Théo Gourdon.
“Fun o máis rápido en Albaida e facíanme tapón polo que decidín axudar ao meu irmán”, Álex Gourdon.

Théo tivo que afastarse da pista durante a tempada anterior por unha operación de cadeira, pero regresa con forza como demostrou no Campionato de España en abril. Agora a cita máis próxima é o 25 e 26 de maio no circuíto de Tarancon en Cuenca e a mediados de xuño participarán  na competición galega no Circuíto Madalena en Forcarei, terceira proba do Campionato de España. Aquí Álex pretende “superarse a si mesmo e acadar o primeiro posto asubiando”, xa que o ano pasado quedou de segundo. Pola súa banda, Théo móstrase confiado e cre que “durante a pretempada recuperou a forza por completo despois da operación”, polo que o seu obxectivo tamén é gañar.

Son os únicos galegos da competición nacional e nótase en que poden “superar momentos de choiva con máis facilidade”, Álex e Théo Gourdon.

Este ano tamén participan no Campionato de Europa en Italia organizado en Piemonte do 27 ao 30 de xuño. Un circuíto que se plantexa máis complicado, pero no que marcan o mesmo obxectivo.

“O ano pasado quedei de segundo no europeo e este ano a idea e quedar primeiro”, Álex Gourdon.

O Team GR Husqvarna, con base en Redondela, pon o noso municipio no mapa dos mellores deportistas de Supermoto de España.

Álex (74) e Théo Gourdon (84).
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará