Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

VI edición da Festa do Ovo en Nespereira

RR_Noticias

A parroquia de Pazos de Borbén ofrecerá  pratos económicos elaborados con ovos da casa dentro da celebración da festa gastronómica que dedican a este sinxelo produto. Prepararanse 2.000 racións

Dende as once da mañá do domingo comezarán a servir os diferentes prazos, que van dende unha tortilla francesa pro tan só 2 euros ao polo estofado ou os grelos cocidos con chourizo e dous ovos por seis euros. O prato estrela, os ovos fritidos con patacas e chourizo e as tortillas venderanse a cinco euros. Pratos que segundo nos explicaba dende a organización a presidenta da Asociación de Veciños do Carme, María Iglesias irán acompañados de pan e unha filloa Durante toda a xornada haberá música e cantareiras amenizando o lugar e o pregón correrá a cargo do cociñeiro da TVG, Xacobe Pérez.  

Maria Iglesias AVV de Nespereira
O pregón correrá a cargo do cociñeiro Xacobe Pérez
Pratos para todos os gustos
o prato estrela son os ovos friidos con patacas e chourizo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará