Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un millón de euros para converter as casas dos Mestres de Fornelos nun centro de atención a maiores

fornelos centro de día

A xunta financiará o 100% das obras de acondicionamento para dotar ao municipio dun centro residencial que terá ata un máximo de 16 prazas e será de xestión municipal.

O goberno galego achegará máis dun millón de euros ao Concello de Fornelos de Montes para cubrir a totalidade das obras de rehabilitación das vivendas dos mestres do antigo colexio como fogar residencial para persoas maiores, cuxa construción e futura xestión correrá a cargo do ente local. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, explicou que esta actuación, que dotará á localidade pontevedresa dun servizo residencial con capacidade para aloxar a entre 12 e 16 persoas, forma parte da vintena que sufragará a Xunta con cargo ao Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal. Esta plan dispón dun orzamento de 18,5 millóns de euros e está financiado pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.

O xerente do Consorcio destacou que o devandito Plan suporá un importante reforzo para a rede pública de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais que dependen das administracións locais. Non só en canto á mellora de instalacións, tamén implicará a creación de 500 novas prazas públicas de residencias e outras 150 de atención diúrna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará