Os organizadores víronse obrigados a incrementar o prezo nas función de sala, que pasan a custar 5 euros, logo de que a Consellería de Cultura suprimise a totalidade da axuda que en anos anteriores ascendeu a 18.000 euros. A programación de rúa encherá as prazas de monicreques durante a fin de semana
Os brasileiros Contadores de Estorias serán os encargados de abrir o festival co espectáculo “En concerto” que se poderá ver mañá mércores a partir das 21:00 horas no Multiusos. A manipulación directa é a técnica empregada por estes titiriteiros quen, xunto cunha temática pouco habitual non propoñen un espectáculo diferente formado por sete historias independente e sen palabras. En total son quince as agrupacións que se darán cita neste festival que se prolongará ata o vindeiro 23 de maio e que segue a apostar pola variedade, así inclúese no programa propostas que pasan polas marionetas de fío, títeres de luva, sombras chinesas ou espectáculos de manipulación de obxectos, tal e como nos explicaba dende a organización Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”. Compañías procedentes de todo o planeta con representantes italianos, franceses, arxentinos ou indios entre outros, así como compañías chegadas dende Cataluña, Madrid ou a galega Boneca Lareta. Un festival que chega así a súa undécima edición enfrontándose a unha reducción no seu orzamento, o que os obrigou a suspender a programación escolar.O maior varapao recibírono dende a Consellería de Cultura, quen pasou de aportar 18.000 euros na edición anterior a eliminar calquera tipo de axuda.