Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Monicreques con material de refugallo

RR_Noticias

As actuacións de sala e a festa de rúa que se vai vivir na fin de semana dentro do Festival Internacional de Títeres que arranca hoxe, complétase con actividades paralalelas como o obradoiro de monicreques que nos proón a Tenda de Candelaria

A Tenda de Candelaria organiza este venres un obradoiro de construcción de monicreques orientado a rapaces de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos que se vai desenvolver o venres ás 17:00 horas. A actividade estará dirixida por persoas experimentado quen ensinaran aos nenos a elaborar creativos e orixinais títeres a partir de material de refugallo. Unha actividade paralela ao Festival Internacional Memorial Juanjo Amoedo que arranca esta mesma tarde coa obra “En concerto” dos brasileiros Contadores de Estorias quen actuarán ás 21:00 horas no multiusos. Calidade nas funcións de sala e moita variedade nas rúas. Precisamente dende a organización destácase sobre todo o esforzo por converter o centro da vila nunha gran festa durante as xornadas de sábado e domingo. A música porana agrupación como os locais Os Croquetas ou The Turre’s Band mentres que os títeres estarán manipulados polas compañías La Bandulfa, Boneca Lareta,  Plansjet Poppentheater, Rodorín ou os italianos Girovago Rondella, quen fan doblete en sala este xoves e repiten con actuacións na Casa da Torre.

Miguel Borines Xente Titiriteira
A fin de semana será unha festa na rúa
Obradoiro de monicreques
A tenda de candelaria organiza un obradoiro na tarde do venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará