Onda Torrella achega aos micrófonos de Radio Redondela a Juan ou DJ One, un dos organizadores e responsable de prensa do Festival Millo Verde. A media ducia de cancións que escolleu forman parte do repertorio dos grupos que compoñen o cartel deste ano e que poderemos escoitar do 6 ao 8 de xuño na Praia de Cesantes.
Esta é a 17 edición e pronto cumprirá a maioría de idade. No seu percorrido foi gañando en calidade e nestes momentos sitúa a Redondela no mapa do panorama musical galego grazas ao traballo do equipo de voluntarios que hai detrás e o seu gusto por escoller bandas de recoñecido éxito e prestixio. En definitiva un festival de música alternativa, de todas partes do mundo e para todos os gustos.
MEDIA DUCIA DE CANCIÓNS DO MILLO VERDE