Hoxe é Sábado 9 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Susto no Campo da feira ao prender lume o tranformador de Fenosa

lume

Os feitos producíanse ao redor das 21:00 horas pouco antes de comezar os concertos do Rock Redondela enmarcados dentro da programación das festas da Coca. Policía Local, bombeiros do Porriño e efectivos de Protección Civil traballan para tentar extinguir o incendio que se deu por sufocado contra as once da noite. O fume e o cheiro a queimado esténdese por toda a vila e o corte no subministro eléctrico está a afectar as vivendas e locais das Rúa Xeneral Rubín e Ribeira así como A Picota e a Esfarrapada.

Un incendio que afectaba de cheo a zona dos concertos, que foi desaloxada e precintada para evitar o acceso do público que a estas hora continúa nas inmediacións pendentes da evolución do lume. Ademais de obrigar a suspender as actuacións –que se retomaban ao redor das 23:00 horas unha vez sufocado o lume- boa parte dos locais de hostalaría e vivendas da rúa Xeneral Rubín e Ribeira quedaron sen subministro eléctrico, así como as propias barras instaladas na zona da festa.

As persoas que estaban na festa explicaron que “escoitaron varias petardazos, unhas catro explosións de pouca intensidade, e logo comezou a arder a a botar fume o transformador que se atopa na base dun dos piares do viaduto”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará