O alcalde Xaime Rei confirmou que os membros da corporación municipal asumirán un recorte nos seus honorarios en consonancia coa rebaixa que afectará aos funcionarios. Esperarán a coñecer o decreto que regulará o recorte salarial para aplicar a medida
A corporación municipal reducirá o seu salario en consonancia coa rebaixa do 5%
que afectará aos funcionarios.
Así o confirmou o alcalde de Redondela Xaime Rei, quen asegurou que asumirán a rebaixa do 5% nos seus salarios en consonancia coa reducción que van sufrir os soldos dos funcionarios logo do axuste anunciado polo presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero a pasada semana.
Con todo, o rexedor local apuntou que esperarán a que o Consello de Ministros aprobe o decreto que deberá regular esa rebaixa por tramos, definindo así qué porcentaxe debe aplicarse a cada caso. Unha vez se coñeza o contido de dito decreto aplicarase o recorte na corporación dependendo dos honorarios que recibe cada cargo político.
Rei apuntou que a decisión de reducir os salarios dos políticos é unha decisión que adoptarán de “xeito voluntario” e como un xesto ante a opinión pública, aínda que as medidas de axuste anunciadas por Zapatero non regulan un recorte nos salarios dos políticos.