As lonas da campaña pola Igualdade no Deporte xa locen nos pavillóns de Redondela cos lemas gañadores do concurso “E ti por que loitas?”. A veciñanza tivo a posibilidade de votar entre as diferentes alternativas propostas polos xogadores e xogadoras dos clubs deportivos e os gañadores foron: “Tod@s coa mesma pegada, o éxito é loitar pola igualdade” e “Como muller, nin un PASE atrás”.
As lonas xa están instaladas nos pavillóns municipais de Redondela e a Marisma co lemas propostas polos clubs Casa Paco e Sarillas e que resultaron gañadores do concurso. O obxectivo da campaña é lembrar cada día a necesidade de seguir na loita pola igualdade en todos os ámbitos, tamén no deporte”. Desde o Concello de Redondela agradecen tamén a participaron nesta campaña doutros clubs como o CAR e o CPA Bolboreta.