Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mono Paco en Cans

RR_Noticias

Dentro da programación do Festival de Cans proxéctase esta tarde en O Porriño un documental que ten como fía argumental a historia do malogrado Mono Paco. Unha anécdota que se ller ao director, Piño Prego, para lembrar os cambios sociais que supuxo o paso dos oitenta aos noventa 

Un dos personaxes máis populares do noso concello non inicios dos noventa foi sen dubida algunha o mono Paco, un animal cuxa dramática historia tomou protagonismo chegando incluso a acaparar o seu minuto de gloria nas televisións estatais e nos medios de comunicación da época. Unha historia que ao director vigués Piño Prego sérvelle como fío argumental dun documental que esta tarde proxectarase por primeira vez dentro da programación do Festival de Cans. Aínda que o mono estará moi presente, esta historia é unha anécdota para presentarnos un retrato máis fondo do que era a sociedade viguesa nos finais dos 80 e principios dos 90. Para lograr ese obxectivo Prego fixo entrevistas a personaxes de distintos ámbitos como o actor Manuel Manquiña, os músicos Julian Hernández e Ivan Ferreiro, o futbolista Michel Salgado ou o escritor Antón Reixa. Tamén atoparemos na cinta algún personaxe de Redondela, non así o alcalde, Xaime Rei, quen rexeito saír no audiovisual. O documental no que se mestura realidade e ficción, poderase ver hoxe xoves  ás 21:00 horas no Círculo recreativo e cultural do Porriño

Piño Prego director do documental
O Mono Paco serve como fio argumental para retratar unha época
Personaxes redondeláns
O audiovisual recolle multitude de entrevistas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará