Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nerea Lago do CAR subcampioa galega absoluta de Probas Combinadas

447581574_122116658408306175_4139313622680333167_n

A Pista Universitaria de Santiago de Compostela acolleu esta fin de semana o Campionato Galego de Probas Combinadas, onde a atleta Nerea Lago Pires do Club de Atletismo de Redondela alcanzou a prata na competición e superou a súa marca persoal.

A deportista bateu a súa marca persoal pasando de 3.125 puntos a 3.313 e sendo superada só por Nerea Amigo Mato do Club de Atletismo de Sada (3.329 puntos). A suma de puntos corresponde ao total das probas do heptatlón que inclúe Salto de altura, Lanzamento de Peso, Lanzamento de Xavelina, 800 m, 200m, 100m vallas e Salto de Lonxitude. Cabe destacar que tamén mellorou a súa marca persoal en Lanzamento de Peso (8,94 metros) e en Lanzamento de Xavelina (20,93 metros).

A cita máis próxima para Nerea Lago Pires é o Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas Sub 20 que se celebrará o 29 e 20 de xuño, coa localización aínda sen determinar.

O CAR participa tamén o próximo sábado 8 de xuño no Campionato Galego sub10 e sub12 en A Coruña cun total de 12 atletas do club e o domingo día 9 teñen cita en Balaídos coa celebración do Campionato Galego Sub18 no que participarán 4 atletas e onde esperan que Gael Couñago “revalide o seu título de campión galego de salto de altura”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará