Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ampliación da AP-9 a debate no pleno

RR_Noticias

O Concello de Redondela celebra esta tarde un pleno extraordinario cun asunto único a debater: a proposta do Consello Parroquial de Chapela en relación ó proxecto de ampliación do tramo da AP-9 ao seu paso pola parroquia. Será ás 20.00 horas. A continuación, ás 20.30 horas, celebrarase o pleno ordinario.

a corporación de Redondela celebra esta tarde un pleno extraordinario cun único asunto na orde do día, o proxecto de ampliación do tramo da AP-9 ao seu paso pola parroquia. a sesión celébrase a proposta do Consello Parroquial de Chapela. Será ás 20.00 horas. O obxectivo deste pleno é que os diferentes grupos políticos manifesten a súa postura sobre o proxecto do Ministerio de Fomento que contempla a ampliación dun carril máis en cada sentido da circulación no tramo da autoestrada que vai desde a Ponte de Rande ata o enlace de Teis, o que afecta de pleno á parroquia de Chapela. Esta ampliación é rexeitada de pleno polos veciños, que se manifestaron a pasada fin de semana en contra do proxecto. Na parroquia opóñense á sufrir máis prexuízos por esta infraestrutura que, ademais, ó seu entender, non vai resolver os problemas de tráfico nos accesos a Vigo, e que mesmo os empeorará, ó provocar un efecto “funil” na entrada á cidade. Posteriormente celebrarase un pleno ordinario no que o grupo municipal do PP presentará unha moción na que piden o rexeitamento dos novos plans do goberno central. O anuncio no Congreso de Rodríguez Zapatero de recortes nas pensións leva ós populares redondeláns a presentar esta moción na que solicitan que se convoque a Comisión do Pacto de Toledo “para acordar as reformas necesarias que garantan a viabilidade e o futuro do sistema da Seguridade Social”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará