Os amantes da música tradicional galega, e todos aqueles que queiran coñecer máis sobre ela teñen unha cita ineludible este sábado na Sociedade de Agricultores do Viso, cun concerto didáctico e un obradoiro de “regueifa”. A festa rematará cunha foliada na que están convidados a participar todos os que o desexen.
A Sociedade de Agricultores do Viso acolle este sábado unha sesión de música galega para coñecer máis de preto os nosos instrumentos tradicionais e estilos como a “regueifa”. A cita comeza ás 19:30 horas cun concerto didáctico a cargo de Pablo Carpintero, estudoso da materia e que dará a coñecer diferentes instrumentos tradicionais galegos e técnicas para tocalos. A actividade continuará cun obradoiro de regueifa impartido po Benito Lobariñas. Desde a Asociación Cultural santa María do Viso, un dos organizadores, Xosé Covelo, convida a participar nesta actividade a todo aquel que o desexe, tanto ós que xa coñecen e interpretan música tradicional galega, como ós que non, xa que “é unha excelente ocasión para coñecela” da man destes dous mestres. A festa rematará cunha foliada, na que animan a participar a xente de todas as idades cos seus in