Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música étnica e o rock máis galego para festexar no Millo Verde

289043966_4645664058868194_6061861832068414364_n

O Festival Millo Verde arrincaba onte cunha xornada de balde a que acudiron máis de 400 persoas para bailar na carpa situada no merendoiro da Praia de Cesantes. Hoxe a partir das 19:00 horas comeza o groso do festival para o que xa teñen vendidas máis de 1000 entradas e dan por pechada a venta online. Para as persoas que aínda non teñan a súa entrada, poderán comprar as restantes só en billeteira.

O cantautor Antón Ké abrirá ás 19:00 horas da tarde a programación acompañado do seu ukelele e looper. Conta con anos de experiencia facendo composicións propias en lingua galega, con temáticas a prol da nosa cultura, a defensa do medio ambiente e dos dereitos humanos. Estará presente tamén  Macheta Supah Sound a partir das 20:15, unha banda creada co obxectivo de levar o afrobeat por todas as salas e festivais do mundo, e Seitura gañadores do concurso de maquetas deste ano que tocarán a partir das 22:00 horas.

“Mesturamos punk e rock e estamos en constante evolución como banda galega”, Seitura.

My Baby (23:15 horas) é un dos pratos fortes da xornada do sábado. O trío holandés-neozelandés toca danza alternativa e mestura a crueza do rock e o punk, os sons cálidos do roots e do blues, cun toque de EDM e big bea.

“Un trío moi enérxico e unha das grandes apostas”, organizador Juan ou DJ One.

Kumpania Algazarra (01:00 horas) chega dende Sintra, inspirados pola enerxía da folia e da boa disposición. Teén na súa música un aglomerado que vai do ska ao folk, do reggae aos sons dos Balcáns, dos ritmos latinos ao funk, e que fai deles unha das máis poderosas brass bands portuguesas. Pecha a sesión de música en directo da xornada Os Vacalouras (02:45 horas), o mítico grupo de punk rock experimental de Teis.

“Kumpania Algazarra son os reis portugueses da festa balcánica”, Juan ou DJ One.

Entre os grupos que actuarán na xornada do sábado, que arrancará ás 12:00 horas, están Brais das Hortas e Michu da Rocha para dar paso xa pola tarde a unha xornada intensa con formacións como Old Time Spooks (18:45 horas), Terra Livre (23:0 horas) La Sra. Tomasa (00:45 horas) ou Dios Ke te Crew encargados de pechar o festival ás 02:15 horas antes da sesión Dj a cargo de Brigada Sound. A banda galega de “explosivo hip hop” volve aos escenarios do Millo Verde para celebrar a xira do seu 20 aniversario, polo que promete ser todo un espectáculo.

“É o grupo top de hip hop en galego”, Juan ou DJ One.

Destacan dende a organización o aumento de presenza feminina con músicas como Sun Iuo (17:15 horas), Catuxa Salom (20:00 horas) ou Hafa afrosweet (21:30 horas), entre outros. Sinalan dende a organización que Catuxa Salom “é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis potentes da escena folk electrónica do momento”. O seu directo magnético e vibrante aseguran ritmos de baile.

“Catuxa Salom pecha con sos electrónicos o escenario pequeno”, Juan ou DJ One.

Dende a organización lembran que a venta online está pechada e que tanto para os abonos restantes como as entradas de día é obrigatorio compralos na billeteira, situada no recinto do festival.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará