Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP gaña en Redondela pola mínima nunhas eleccións europeas nas que se dispara a abstención

redondela

A forza máis votada na xornada de onte en Redondela foi o partido popular quen se fixo merecedor dese primeiro posto cunha diferenza de tan só 19 votos por riba do PSOE. Os populares lograron 4134 papeletas fronte a un PSOE que quedou con 4115. A terceira forza foi o BNG con 2558 votos seguidos de Vox con 425, Sumar con 369 e Podemos que quedou con tan só 263 papeletas. Unha xornada marcada pola altísima abstención dun 49% fronte ao 35% de hai catro anos. No resto da comarca, os populares tamén acadan o primeiro posto agás en Fornelos que continúa apostando polo PSOE.

O PP gañou as eleccións europeas en Redondela. Máis aló dese primeiro posto que os votante lle dan no noso concello cunha vantaxe mínima sobre o PSOE, o certo é que os populares incrementan notablemente o número de votos acadados hai catro anos logrando un 33% máis de apoios, mentres que o PSOE cae case un 13% respecto ás últimas eleccións europeas.

Sobe tamén o BNG se o comparamos coas eleccións de hai catro anos, pasando de 1762 papeletas a 2558, o que supón un 86% máis de respaldos. Incremento sorprendente de Vox en Redondela que acadan 425 papeletas, dobrando o número de votos. Sumar queda con 369 votos e Podemos con 263. A división castiga así a estes dous partidos que hai catro anos lograran 2100 apoios.

Soutomaior

Tamén o PP mantense como primeira forza en Soutomaior. Tal e como xa acontecera hai catro anos a formación de Feijoo logra 1125 votos liderando as preferencias dos electores mentres que o BNG queda con 811 papeletas, o que supón unha caída de  case un 10% respecto aos anteriores comicios europeos.

O PSOE queda con 670 votos e vos con 145, o que suopón un incremento notable para a formación de ultradereira.

Pazos de Borbén

Os populares neste caso acadan 536 fronte aos 280 do partido de Sánchez e os 233 do BNG. Vox tamén medra con 75 papeletas.

Fornelos de Montes

E neste percorrido polos concellos da comarca o único concello discordante é o de Fornelos que mantén ao PSOE como primeira forza política con 282 papeletas, frontes as 253 do PP e os 109 apoios acadados pola formación de Ana Pontón. Vox logra 25 votos.

Participación

Unha eleccións marcadas pola baixísima participación do electorado. Tan só a metade dos veciños e veciñas con dereito ao voto acudiron ás urnas nas xornada de onte cunha participación en toda a bisbarra en torno ao 50%.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará