Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas persoas co mesmo nome e apelidos protagonizan a anécdota electoral en Redondela

Multiusos-Pineiral-do-Crego

A Policía Nacional tivo que intervir nun pequeno incidente que se producía nunha mesa do Piñeiral do Crego en Chapela. Un erro á hora de identificar un dos electores permitiu que votara nesa mesa unha persoa a quen lle correspondía facelo noutro lugar. O erro estivo provocado porque o nome e apelidos coincidían con outro elector que si tiña que votar nese centro. A Xunta electoral foi quen tivo que resolver a situación.
O problema xurdiu cando un elector acudiu a votar e na mesma notificáronlle que xa exercera o seu dereito a voto. Finalmente comprobouse que non fora así, senón que outro elector co que compartía nome e apelidos votara anteriormente nesa mesa do Piñeiral que non era a que lle correspondía.
O erro estaría na propia mesa electoral que non comprobou os díxitos do DNI producíndose así este erro. Foi preciso chamar á Xunta electoral para que derimira a cuestión e tamén a Policía Nacional porque a persoa que xa votara buscaba subsanar o erro dun xeito un tanto irregular: votando novamente na súa mesa pero coa papeleta do outro elector.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará