Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contrata á empresa Naturgalia por un millón de euros para a limpeza de camiños

limpeza camiños

A empresa adxudicataria do contrato comezou a pasada semana os traballos de roza e limpeza en Cesantes. Mañá martes comezarán a limpeza e Chapela, para continuar nas próximas semanas polo resto de parroquias. O contrato, por dous anos, licitouse por un importe de 989.268 euros. O contrato podería prorrogarse dous anos máis, de xeito anual, ata un importe máximo de 1.978.536 euros para os catro anos.

A empresa Naturgalia, responsable do servizo, comezou a pasada semana os traballos en Cesantes “para manter as estradas e camiños libres de maleza e en perfecto estado para o seu uso”. Os traballos de limpeza continúan esta semana nos camiños municipais da parroquia de Cesantes, na zona da Pantalla e o Coto. Mañá martes comezarán as rozas en Chapela, tanto na Senda Verde como na subida ao novo colexio Igrexa e barrio Cidadelle. Logo continuarán polo resto das parroquias do municipio. Os traballos permitirán tamén cumprir coa normativa de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Por primeira vez as tarefas de roza e limpeza faranse dúas veces ao ano en todos os camiños públicos de Redondela, cunha primeira fase neste mes de xuño e unha segunda roza entre setembro e novembro. “O obxectivo deste contrato histórico é que todos os camiños das parroquias e as súas marxes estean en perfectas condicións todo o ano”, explica a alcaldesa Diga Rivas. Trátase dunha “aposta decidida” da rexedora local “pola mellora da calidade de vida nas parroquias” cun servizo de limpeza que se foi ampliando e mellorando nos últimos anos.

Os traballos deixarán os camiños e as súas marxes despexados, rozados e limpos, o que inclúe a maleza, herbas e arbustos tanto nos camiños como nas beiravías e noiros. Retirarase todo o lixo acumulado nas beiravías e gabias para permitir unha boa evacuación da auga, o que evitará atascos e facilitará a evacuación da auga da chuvia. Desperdicios como bolsas plásticas, papeis, latas ou botellas que se atopen durante os labores de limpeza tamén están a ser retirados. Naturgalia tamén se encarga da recollida e transporte de todo o material procedente das rozas e limpezas, así como a súa clasificación, xestión e tratamento segundo a normativa medioambiental.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. En lugar de reforzar os servizos municipais o Psoe e Aer continuan coa sua privatiza – “remunicipalizacion” dos servizos publicos.
    Desvergonzado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará