Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iván Vázquez novo adestrador do SAR OP Mobility

438260748_947252437409684_4197456871498932501_n

Iván Vázquez faise cargo do equipo sénior da SAR que milita en Primeira Autonómica tras a baixa de Manuel Fernández, máis coñecido como Manolón.

O novo técnico conta cunha ampla formación, desde o título de Adestrador Nacional de Balonmán ata o Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ademais de dedicar gran parte dos seus anos no club a formar e adestrar a equipos da base. Este ano tócalle asumir o reto do primeiro equipo algo do que di “sentirse moi orgulloso”. Define o proxecto como “ilusionante” ao facerse cargo dun equipo “no que a maioría dos integrantes son xogadores aos que fun adestrando desde categoría alevín. Sería continuar traballando con eses nenos que un día entraron pola porta do pavillón e a día de hoxe son máis da metade da plantilla”. Confesa sentir “algo de presión”, porque como xogador “sempre fun moi esixente cos adestradores e agora tócame demostrar e guialos”. Con respecto á tempada, aínda que o proxecto é totalmente a longo prazo, “o obxectivo será novamente quedar entre os postos altos da clasificación e ascender a Primeira Nacional”.

Cabe sinalar que a pesar de desvincularse do primeiro equipo masculino, Manolón seguirá co seu compromiso co club e traballando coa base. Concretamente co equipo cadete feminino que este ano conseguiu chegar á final do Sector Nacional. Un proxecto de futuro no que se centrará completamente no futuro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará