Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Portos de Galicia comprométese a estudar as necesidades de Cesantes

RR_Noticias

Nos próximos meses porá en marcha un estudo integral das reivindicacións feitas polos mariñeiros. O presidente do organismo asegurou que serán atendidas durante o período 2010-2014.

A mellora e acondicionamento da lonxa de Cesantes é unha das reivindicacións que veñen facendo dende hai anos os mariñeiros desa parroquia redondelá e que este mércores lle trasladou o Patrón Maior da Confraría, Clemente Bastos ao presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana.
Durante a súa visita ás instalacións portuarias comprometeuse a desenvolver nos vindeiros meses un estudo integral das necesidades do porto de Cesantes. O presidente do órgano dependente da Xunta gabou o bo facer deste porto que dixo caracterizase pola súa “gran actividade e vitalidade” e amosouse receptivo coas peticións feitas polos representantes dos pescadores. Álvarez asegurou que estudará conxuntamente coa confraría todas as peticións para mellorar as instalacións portuarias.
Ademais da reforma da lonxa os mariñeiros demandáronlle ao responsable de Portos a construción de máis departamentos para usuarios, a mellora da accesibilidade,  a creación de aparcadoiros e a construción dun almacén e vestiarios para os mariñeiros.
Durante a reunión os representantes deste colectivo tamén lle pediron a José Manuel Álvarez a modificación de parte do actual  peirao por outro pilotado, a mellora do entorno do porto, a colocación dunha grúa automotor así como a reparacións da explanada portuaria e, en xeral, a integración ambiental das instalacións portuarias. Unhas reivindicacións que Manuel Álvarez comprometeuse a que serán estudadas e atendidas antes do 2014.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará