Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: Xornada Desperdicio Alimentario


Miguel López, Secreatrio Xeral de Unión de Consmidores de Galicia, achégase a Radio Redondela para falar da Xornada Desperdicio Alimentario que se celebrará o 18 de xuño no Hotel NH Collection en Santiago de Compostela.
Participan entidades e empresas como o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Xunta de Galicia, FIAB, Clusaga, Cooperativas Agroalimentarias, Instituto de Investigaciones Marinas – CSIC, Universidade de Vigo, Fundación Espigoladors, Enraíza Derechos, Asedas, Froiz, Gadis, Mercadona, ConsumES, Confapa, bancos de alimentos, e Hostalaría de Galicia. A xornada, que será inaugurada polo Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, abordará a problemática do desperdicio alimentario en todas as fases da cadea da alimentación, desde o campo ou o mar ate os fogares, comedores ou establecementos de restauración. O Delegado do Goberno en Galicia será o encargado de clausurar o evento.

A inscrición é de balde e está aberta ata mañá xoves 12 de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp