Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior reúne medio milleiro de sinaturas en contra dos recortes na sanidade

sanidade

Os nacionalistas levarán estas sinaturas ao parlamento e esixen que a Xunta dote con máis persoal e recursos o centro de saúde de Arcade.  Entre as demandas máis salientables está a de recuperar o servizo de pediatría, do que carecen dende hai ano e medio.

O BNG de Soutomaior puxo remate este martes á súa campaña de recollida de sinaturas para esixir a fin dos recortes do PP na sanidade pública no concello. En total foron medio milleiro os veciños e veciñas que se sumaron a esta iniciativa, coa que o BNG esixirá á Xunta que cumpra co prometido na reunión do pasado mes de xullo entre o xerente da área sanitaria de Pontevedra, José Flores, e o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo. Nesta reunión, a Xunta comprometeuse a poñer un médico máis no centro de saúde de Arcade co comezo de 2024, algo que en xuño deste ano aínda non se cumpriu.

Ademais, a recollida de firmas tamén responde á dramática situación no servizo de Pediatría do centro de saúde. Soutomaior leva sen contar cun ou cunha pediatra máis de ano e medio, despois de que a Xunta decidise non cubrir a baixa de longa duración da anterior facultativa. Isto obriga aos pais e nais a levar aos seus pequenos enfermos a Pontevedra para ser atendidos ou a contratar seguros privados, xerando un evidente sesgo con quen non ten os recursos económicos para acceder a estas alternativas.

O responsable local do BNG, José Costas, anunciou que o BNG levará ao Parlamento galego estas sinaturas nas vindeiras semanas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará