Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Batalla de Rande contará coa participación de 114 nadadores

batalla rande

A travesía celébrase este sábado e o reto supón percorrer a nado os 27 kilómetros que separan a praia de Rodas nas Illa Cíes da Illa de San Simón. Unha XII edición que contará coa participación de 114 nadadores e nadadoras procedentes de diferentes partes do mundo que se enfrontan así a unha das probas máis duras de natación en augas abertas.
As saídas faranse escalonadas, estando programada a primeira ás 09:15 horas e a última ás 11:30 horas. A chegada dos deportistas non será antes das 17:30 horas.
Entre os participantes volvemos a atopar aos gañadores da edición anterior: Eneko Saezmiera e Daniel Ponce na categoría masculina e Andrea de la Hera na categoría feminina.
A proba presentouse onte en Vigo, na Casa do Deporte da Xunta de Galicia. Participaron no acto a presidenta do Club Natación Batalla de Rande (organizador do evento), Amaia de Luís; o director técnico Aitor de Luís e o responsable da loxística Fernando Goikoetxea, así como Daniel Benavides Alonso, xefe do servizo provincial de deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará