Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Balonmán Chapela organiza o XXV Campus de Verán

358699120_738004821667501_2693166322272758223_n

Foto do Campus de Verán 2023

O Campus de Verán do Balonmán Chapela terá lugar do 1 ao 12 de xullo. Dúas semanas de actividades enfocadas a rapazada entre 5 e 15 anos con horario de 09:00 horas a 14:00 horas.

O club leva 25 anos organizando o campus con motivo das vacacións de verán e para axudar na conciliación familiar. Durante estes 10 días os nenos e nenas poderán desfrutar de actividades variadas co balonmán como protagonista e que inclúen visitas sorpresa e unha gran festa de despedida.  Divídese en dúas semanas, a primeira do 1 ao 5 de xullo e a segunda do 8 ao 12 de xullo.

O prezo varía en función das datas a escoller. Así, unha semana ten un custe de 60 euros, cun desconto  de 10 euros para os socios, e dúas semanas teñen un prezo de 110 euros xerais, cun desconto de 20 euros para os socios. Tamén dan a opción dun desconto para irmáns no mesmo rango.

O prazo de inscrición xa está aberto e continuará ata encher todas as prazas. Para máis información poñen a disposición o número de teléfono do club 986 45 81 10 e as instalacións da oficina situadas no Pavillón Municipal de Chapela Manuel González Soto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará