Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Propostas do BNG para saír da crise

RR_Noticias

Unha reforma fiscal progresiva, a racionalización administrativa, unha reforma do sistema financeiro e un gasto público que fomente a produtividade. Estas son algunhas das propostas que a formación nacionalista explicará esta tarde nunha charla informativa aberta a todo o público e na que participarán a deputada Carme Adán, o responsable de formación da CIG, Manuel Mera, e Xoán Carlos González, responsable local do BNG. A cita é ás 20.00 na Casa da Cultura.

O BNG esixe un xiro á esquerda nas políticas económicas para saír da crise. Medidas como unha reforma fiscal progresiva “para que paguen máis os que máis teñen”, a redución do gasto non produtivo na administración, investimentos que fomenten o emprego. Estas son algunhas das receitas para saír da crise que propón o BNG, e que se complementan con outras medidas de aforro, como a eliminación das Deputacións e algúns ministerios. O responsable local da formación nacionalista, Xoán Carlos González, explica que coas actuais políticas do goberno de Rodríguez Zapatero “van pagar a crise os máis febles”, mentres que os “grandes gurús” dos mercados, que orixinaron esta situación “non van sufrir os prexuízos”. As propostas do BNG, que levan xa meses explicando nunha campaña informativa, pasan por “un xiro a esquerda” das políticas económicas, con medidas que garantan o emprego e as pensións, o apoio ós sectores estratéxicos e medidas contra a morosidade. Desde o Bloque de Redondela animan a todos os veciños a asistir a esta charla para coñecer cales son as propostas da formación “compártanas ou non”, para coñecelas “de primeira man” e formular preguntas ou aclarar dúbidas. Na charla intervirán a deputada nacionalista Carme Adán e o responsable de formación da CIG, Manuel Mera, coa presentación de Xoán Carlos González. A cita é ás 20.00 na Casa da Cultura, praza de Figueroa.

Xoán Carlos González responsable local do BNG
Os nacionalisas apostan por un xiro á esquerda na política económica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará