Foto: Policía Local Redondela
O ferido é un home de 48 anos de idade veciño de Mos que na tarde do venres colidía, por causas que se están a investigar contra un turismo conducido por un veciño de Redondela de 88 anos de idade.
Axentes da Policía Local de Redondela interviñan na tarde do venres, ao redor as 18:50 horas, nun accidente que se producía na Avenida Mendiño, nas inmediacións do bar Rivas. Concretamente os involucrados na colisión foron un turismo que procedía da N-550 e se dirixía cara o centro da vila e unha motocicleta que circulaba pola Avenida Mendiño, tamén no mesmo sentido. Como consecuencia da colisión resultou ferido leve o condutor da moto que foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario para a súa mellor valoración.