Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A concellaría de Medio Ambiente garante a limpeza das praias de Redondela

RR_Noticias

O concelleiro, Carlos Pazos, rexeita as críticas do PP e lembra que a temporada de limpeza dos areais comeza o 1 de xuño “como cada ano”. Pazos explica ademais, que coa chegada do bo tempo os servizos de limpeza estiveron traballando xa nas praias para ofrecer ós usuarios unhas boas condicións.

As previsións meteorolóxicas anuncian bo tempo e subida das temperaturas a partires do domingo. E os areais de Chapela e Cesantes presentan un bo estado para todos aqueles veciños que se acheguen ás praias. Así o asegura o concelleiro Carlos Pazos, que rexeita de plano as denuncias do Partido Popular ao tempo que lembra que a temporada de limpeza de praias comeza o 1 de xuño e remata o 15 de setembro. Con todo, o responsable de Medio Ambiente asegura que os areais están “en boas condicións”, xa que os servizos de limpeza estiveron traballando nas zonas do litoral nas últimas fines de semana, para garantir o bo estado destes espazos de lecer ante a chegada do bo tempo. Pazos Docampo acusa ós populares de “mentir” nas súas denuncias, xa que o grupo da oposición “é coñecedor desta situación”, segundo afirma o concelleiro nacionalista.

Carlos Pazos concelleiro de Medio Ambiente
Pazos garante o bo esado das praias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará