Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Daniel Ponce e Andrea de la Hera gañan a Batalla Rande

batalla rande

Os 114 participantes desta edición tiveron que facer fronte a unha proba dura xa de por si á que se lle engadiu a baixa temperatura da auga. Os nadadores Daniel Ponce e Andrea de la Hera impuxéronse con autoridade na XII edición da Batalla de Rande, mentras que Eneko Saezmiera e a británica Emma Vockins foron os mellores en categoría sen neopreno. Salientar tamén a participación de Martí Riera, o primeiro participante en cadeira de rodas nesta proba, que puido completala con éxito nun tempo de 8:21:09.

A xornada desenvolveuse sen incidentes máis aló dos 19 abandonos provocados en case todos os casos pola baixa temperatrua da auga. O resto de participatnes si lograron superar o reto de percorrer a nado os 27 kilómetros que separan a praia de Rodas nas Illa Cíes da Illa de San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará