Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Triunfo deportivo e solidario no II torneo de balonmán da Sarillas

sarillas

Unha segunda edición na que o equipo masculino, que debutaba na  competición logo de formarse hai tan só catro meses, logrou facerse con primeiro postos. As mozas non foron quen de clasificarse nos postos altos da categoría pero lembran o máis importante do evento: os case 1200 euros recadados a favor de Andaina e a xornada de convivencia e deporte da que participaron xogadores e seareiros.

Un total de 149 xogadores das categorías masculinas e femininas chegados de Asturias, Portugal e diferentes puntos de Galicia participaron nunha cita deportiva que chegou para se quedar. Durante toda a xornada do sábado os pavillóns da marisma e Bomboneira reuniron a centos de persoas que participaron da paixón polo balonmán e contribuíron a un evento solidario que logrou recadar 1.195 euros a través da venda de rifas que serán destinados integramente á Asociación Andaina.

 Unha colaboración posible grazas “á xenerosidade de todos os comercios locais que doaron numerosos agasallos que foron sorteados entre o público asistente ao evento”. Dende a organización do evento dan as grazas a todos os colaboradores, ao corpo técnico e a directiva da SAR Rodavigo, á Federación e o Concello de Redondela por facer posible o torneo.

CLASIFICACIÓN FEMININA

1.       Risca

2.       Astures

3.       Ferrolterra

4.       Famaliçao

5.       Sarillas

6.       Baltar

CLASIFICACIÓN MASCULINA

1.       Sarillas masc

2.       Rasoeiro

3.       Riscar

4.       Culleredo

5.       Estarreja

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará