Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios lamentan que o PSOE non accedera a escoitar as súas propostas sobre o PXOM

reunión bng

Agradecen a AER, BNG e PP que si se reunirán con eles nunhas xuntanzas celebradas ao longo da pasada semana e nas que lles transmitiron a súa preocupación antes as eivas que, ao seu entender, presenta o Plan Xeral. Amosa a súa sorpresa “ante o silencio do PSOE” xa que malia que os empresarios si mantiveron unha reunión no concello “foi exclusivamente co equipo redactor e sen intervención de membros da corporación”.

Precisamente, tras a reunión co equipo redactor do PXOM mantida o pasado 22 de maio na que se instou a Asociación a realizar un traballo de recompilación das demandas do tecido produtivo, a Asociación mantivo reunións e estivo en contacto con empresarios de toda a localidade o que deu lugar a detección de numerosas incorreccións, erratas de detalle e, o que é mais importante, concluíu a inviabilidade técnica ou económica dalgunha das áreas definidas como MACE no PXOM. Ante esta situación decidiron convocar a todos os grupos políticos e proporlles solucións para salvar os condicionantes detectados.

A Asociación, partindo sempre de que este instrumento de ordenación é un bo punto de partida para deixar atrás décadas de “desurbanismo”, expuxo que as problemáticas que se derivan da falta de ordenación de detalle en moitos dos ámbitos, especialmente no industrial, seguirán a hipotecar o futuro das empresas xa asentadas. A entidade puxo sobre a mesa aos partidos políticos estas dificultades e manifestou o interese en explorar camiños para subsanalos.

As necesidades de pulir un documento tan amplo son moitas e precisa de moitos ollos observadores que dean con todas estas inexactitudes para que non se convertan en condicionantes futuros, engaden dende o colectivo empresarial que poñen como exemplo “as máis de 800 vivendas previstas nun área industrial de Vilar de Infesta, inviables pola súa propia natureza e que se están restando edificabilidade real á propia parroquia ou incluso a outras zonas do concello”.

As cuestións postas de manifesto polos empresarios son coincidentes en forma e/ou en fondo tanto polo Partido Popular como polo BNG. A Agrupación de Electores pola súa banda marca distancias e prima unha visión política por encima do que a Asociación entende como cuestións de interese xeral para o conxunto da cidadanía e para o posicionamento social e económico do Concello.

Conclúen afirmando que “a encomenda do equipo redactor nace inviable en si mesma porque esa primeira xuntanza chegou demasiado tarde e así o entendeu BNG e PP, este último manifestou a súa vontade de acadar unha prórroga do prazo para presentar alegacións, cuestión que foi rexeitada no pleno”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará