Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O orzamento municipal de 2010 redúcese nun 10% por mor da crise

RR_Noticias

A diminución nas achegas do Estado obrigan a reducir en dous millóns de euros o orzamento para o presente exercicio, que ascenderá a 19’7 millóns de euros. A partida máis importante, de un millón de euros, investirase na adquisición dunha parcela de 30.000 metros cadrados en Chapela. O documento económico debaterase nun pleno extraordinario mañá martes ás 9:30 horas.

O concelleiro delegado de Asuntos Económicos, Emilio González Iglesias presentou hoxe o orzamento para o 2010, unhas contas municipais que ascenden a 19’7 millóns de euros, dous millóns menos que o ano pasado cando este orzamentos ascendeu a 21’6 millóns. Dende o goberno local explican que o descenso débese por unha banda a unha aportación menor de fondos por parte do Estado, que diminuíu esa achega en un millón de euros, así como nas transferencias procedentes de Fondos Europeos, que lle foron adiantados a Redondela para a realización do Proxecto Marisma. En canto aos investimentos, González Iglesias apuntou como principal proxecto a adquisición de terreos en Chapela para a construcción de equipamentos. Así o goberno local están en negociacións para proceder á compra dunha parcela de máis de 30.000 metros cadrados onde se prevé construír no futuro aqueles servizos dos que carece a parroquia como unha gardería, un centro da terceira idade ou o traslado das instalacións do Colexio Igrexia. Outros investimentos importantes destinaranse á segunda fase do centro de deportes acuáticos de Chapela (750.000 euros) a mellorar o abastecemento de auga e o saneamento no municipio (720.000 euros) e a remodelar a praza de Ponteareas onde se prevé ademais a construcción dun parking soterrado (400.000 euros). O concelleiro insistiu ademais en que Redondela mantense nun nivel de endebedamento “non elevado” que ascende ao 70% cando o permitido é “de un índice de ata un 110%”. Engadiu ademais que se aforrarán 200.000 euros reducindo gastos ordinarios pero que en ningún caso “se tocarán partidas correspondentes a benestar Social”.

Emilio González Iglesias edil de Asuntos económicos
As achegas do Estado diminúen en un millón de euros
Investimentos
A partida máis importante destinarase á compra dunha parcela en Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará