A Casona da Torre en Cedeira acolle este xoves 20 de xuño ás 20:00 horas unha conferencia a cargo de José María Pérez González “Peridis” organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso a favor de Cáritas Redondela.
O divulgador da arte e a cultura medievais, arquitecto, debuxante e escritor, Premio Nacional de Restauración e Conservación de Bens Culturais será o encargado do coloquio titulado “Medio século recuperando o patrimonio: ata unha ruina pode ser unha esperanza”. Ao remate da mesma servirase un cóctel aos asistentes.
O prezo das entradas é de 20 euros e os beneficios doaranse a Cáritas. As entradas están a venda no Café da Vila e tamén se pode reservar a través do correo comunicacion@fundacionfilomena.com.