Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta por Monte Penide dentro do programa de andainas gratuítas que organiza Verdegaia

mámoa do rei

A Asociación ecoloxista organiza ao longo do ano o programa “12 Meses, 12 Saberes” que busca dar a coñecer o patrimonio natural e etnográfico de Galicia e que os levan este sábado día 22 ata as Mámoas do Monte Penide nunha andaina que se desenvolverá en horario de 11:00 a 13:30 horas.

Con esta campaña anual buscan que os asistentes aprendan sobre o patrimonio, xa que coñecelo é a base para defendelo, aprendendo ademais curiosidades de cada lugar que visitan.

Este mes está dedicado aos monumentos megalíticos. Coincidindo coa proximidade do Solsticio de Verán realizan unha andaina na que tentarán entender e percibir esa maxia que os nosos ancestros asociaban ás construcións de pedra.

A visita levará aos participante ata Monte Penide, considerado como a zona con maior número de vestixios do período entre o Neolítico e a Idade do Bronce: a mámoa do Rei, os muíños naviculares ou as vistas para o Val de Maceiras e a ría de Vigo son algúns dos atractivos desta zona.

Os participantes recibirán ao inicio da actividade un folleto con imaxes e características dos elementos propios deste tipo de construcións. Ao rematar, dun modo divertido, os guías porán a proba os coñecementos adquiridos polos participantes.

O punto de encontro será a Mámoa do Rei. Inscrición gratuíta en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, un número de teléfono e especificando se algunha é menor de 14 anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará