Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A orghullosa” festa do orgullo LGTBIQ+ en Soutomaior

FOTO PRESENTACIÓN A OGHULLOSA_SOUTOMAIOR

O Concello de Soutomaior celebrará os días 28 e 29 de xuño o día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cun programa cheo de actividades de balde entre as que se atopan unha andaina, obradoiros, faladoiros e concertos. O 29 de xuño a música soará no Peirao de Arcade co directo de Mondra e Flow do Toxo.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa xunto coa directora do CIM, Cristina García presentaron A Orghullosa, a 1ª Festa das identidades diversas e disidentes que conmemora o día internacional do orgullo LGBTBIQ+.

O día 28 contará cun obradoiro de Contos e Legos impartido pola sexóloga Hadriana Ordóñez e cun faladoiro sobre “a realidade LGBTBIQ+ actual”.

O día grande será o sábado 29 no que a primeira cita será unha andaina reivindicativa polos dereitos LGTBIQ+ que terá como punto de partida o parking do Castelo de Soutomaior. Un  percorrido de 9 kilómetros e cuxa inscrición será en liña a partir do 8 de xuño. Trala andaina a festa trasladarase ao Peirao onde terá lugar unha sesión vermú a cargo do Dúo Aldaolado seguido do Mari Picinc onde toda persoa que desexe participar poderá facelo levando unha tortilla, un bolo de pan e un instrumento.

Xa pola tarde terá lugar o laboratorio de Contos e Legos impartido por Hadriana Ordóñez e o Laboratorio creativo de bordado impartido por Maritza Berttolini onde os participantes poderán deseñar e crear a súa propia bandeira da Orgullosa, as inscricións para este obradoiro abriranse, en liña, o 17 de xuño. Ás 19:30h. as crianzas poderán desfrutar dun obradoiro de construción comunitaria dunha bandeira xigante de globos LGTBIQ+.

Xa pola noite chegarán os pratos fortes desta Orghullosa co directo de Flor do Toxo ás 21:00 h. e o de Mondra que dará comezo ás  23:00 h. Ambos concertos terán, como o resto das actividades entrada libre e serán no Peirao de Arcade.

Unha festa inclusiva con cascos anti-ruído, plataforma para que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar dos concertos. Unha festa que estará adaptada para que todas as persoas que queiran, sen importar a súa condición, poidan desfrutar de todas as actividades.

Todas as actividades organizadas en torno á Oghullosa serán de balde e as que precisan inscrición serán en https://www.gabinetesoutomaior.com/

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará