“Parches non, arranxo en condicións”, “coa nosa seguridade non se xoga” ou “queremos ir ao cole seguros” son algún dos lemas que se poden ver nas mobilizacións da Plataforma pola mellora da EP-2702. Un colectivo que intensificou nas últimas semanas as súas protestas e que volveron sairá rúa na mañá de hoxe para facer escoitar as súas reivindicación.
A paciencia dos veciños e condutores da estrada que comunica a N-550 e o polígono de Amoedo, atravesando a parroquia de Nespereira, esgótase ante a ausencia de prazos para o arranxo desta vía que, segundo denuncian, supón un auténtico perigo para condutores e viandantes ao carecer de beiravías, beirarrúas e cun firme en moi mal estado. Anuncian que “non pararemos as protestas ata que non arranquen as obras” e instan a Deputación a dar pasos concretos cara o arranxo da vía.
Os cortes de tráfico están a realizarse na propia EP-2702 pero tamén no Alto dos Valos afectando así a estrada que comunica Redondela con Porriño. Unhas protestas que supón agravar as mobilizacións, xa que ata o pasado mes de maio os cortes de tráfico afectaban exclusivamente a estrada provincial.
O obxectivo segue a ser o mesmo “facerse escoitar e que o organismo provincial se comprometa a arranxar a estrada na súa totalidade xa que insisten en que o convenio remitido dende a Deputación ao Concello “non inclúe prazos, cando levan anos reclamando esta obra imprescindible”. Critican tamén que a actuación formulada nese convenio supoña o arranxo de tan só 1,5 kilómetros da EP-2902 cando a súa demanda é que se arranxen os oito kilómetros da vía que lembra, é moi empregada tamén polo tráfico pesado que se dirixe cara o Polígono de Amoedo con risco que iso supón.