Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas lamenta “a parálise” do Concello con “perdas millonarias en investimentos”

pp

O voceiro do PP fai balance do primeiro ano de mandato tras unha xuntanza co grupo municipal e critica o “caos” do tripartito co abandono das parroquias tras deixar de investir 1 millón de euros, os problemas de seguridade, o escurantismo no PXOM e os recortes en Servizos Sociais. Bas asegura que este primeiro exercicio “foi bastante peor que os catro precedentes” ao estar definido polas irregularidades, as sentencias contra o goberno, as contratacións sospeitosas e a mala xestión económica.

Bas concretou que non se fan investimentos en ningunha área, algo derivado asegura “da mala situación económica do Concello e da mala xestión, xa que nin sequera se presentou a Conta Xeral de 2022, o que impide solicitar subvencións á Xunta de Galicia”, e ademais porque o goberno local non é quen de conseguir achegas doutras administracións “ata alcanzar o triste récord de ser o municipio da provincia con máis subvencións perdidas malia estar concedidas”, cifradas en aló menos 2,4 millóns de euros no último ano.

Neste senso, detallou os 500.000 euros dos fondos europeos Edusi, os 299.000 euros para o punto limpo, os 141.000 para o proxecto de reciclado e compostaxe, os 50.000 euros de Agader para mellora de camiños ou os 1,4 millóns de euros para o Mercado de Abastos.

Criticou especialmente a situación das parroquias “que teñen os viais esnaquizados e cheos de maleza e nos que se deixaron de investir 1 millón de euros nos últimos cinco anos pola paralización dos Consellos Parroquiais e a falla de execución dos orzamentos participativos, e todo sen contar coa falla duns mínimos traballos de mantemento e conservación nestas zonas rurais”.

Os populares apuntan as súas críticas cara moitos outros ámbitos xa que din “hai problemas de seguridade polo conflito coa Policía Local e a falla de emerxencias, tendo que ser atendidos polo GES de Mos e os bombeiros do Porriño; o proceso do PXOM está a ser escurantista sen ampliar o prazo de alegacións e sen contar cos veciños; os servizos historicamente municipais como a limpeza de praias ou a oficina de turismo se privatizan; o deterioro das praias e a perda da Bandeira Azul; os recortes en Servizos Sociais con listas de agarda ou a eliminación do programa de conciliación en Semana Santa ou a falla do Plan de Igualdade entre outras cuestións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará