Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e Redondela retoman o tai chi ao aire libre

taichi

As clases, para as que non se precisa inscrición previa e que son completametne de balde, desenvolveranse nos meses de xullo e agosto. Os luns e mércores en Chapela, no exterior do Multiúsos do Piñeiral do Crego, e os martes e xoves na Alameda Castelao de Redondela. As clases serán en horario de 9:30 a 10:30 horas.

As clases de tai chi, que son totalmente gratuítas, están abertas a todas as persoas que desexen participar polo que non será precisa inscrición previa. Basta presentarse os días das clases con roupa e calzado cómodo e comezar a gozar dos múltiples beneficios destes exercicios de orixe chinesa. Esta práctica deportiva, de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite. A práctica do tai chi realizase de pé. Os brazos úsanse para realizar movementos que van desde simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Ademais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Tamén axudan a diminuír a frecuencia cardíaca e melloran a circulación. Está demostrado que a práctica desta arte milenaria, mellora a memoria e os niveis de hipertensión arterial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará