Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bronce para Chapela na primeira competición da Liga Galega de Traiñeiras

449133341_1002968628501088_4876515015671389344_n

A  Liga Galega de Traiñeiras 2024 deu comezo este domingo coa celebración da primeira competición oficial da Liga A na enseada de A Gándara, coa celebración da VI Bandeira Cidade de Narón. Este ano a liga galega preséntase moi igualada e Ares e Chapela Wofco buscan revalidar o título. De momento a primeira vitoria foi para Ares, seguido de Tirán e Chapela que alcanzan o terceiro posto e postúlase un ano máis dentro das embarcacións favoritas. A mebarcación do CCD Cesantes Rodavigo tamén estivo presente aínda que non tivo tanta sorte e a súa embarcación quedou no último posto da clasificación xeral.

Na segunda manga partiron Samertolameu Fandicosta, Mugardos A Cabana de Ferrol, Mecos e Cesantes Rodavigo. Samertolameu Fandicosta defendeu a posición e gañou a quenda por diante de Mecos. Por detrás, Mugardos A Cabana de Ferrol estivo en todo momento por diante de Cesantes Rodavigo, pero, a diferencia dos rivais de diante, na segunda metade os tempos dos de Ferrol aproximáronse aos de Cabo aínda que finalmente non conseguiron superalos.

Na terceira manga partían os favoritos, os vixentes campións, Ares, seguidos de Rianxo, Chapela Wofco e Urme -Muros Esteirana renomeada este ano como Unión de Remeiros de Muros Esteirana. Ares comezou en cabeza cun tempo parello ao de Tirán Pereira. Chapela Wofco, segunda da quenda rematou terceira, por detrás de Tirán Pereira e por diante de Castropol

Na competición feminina, que arrinca o próximo 6 de xullo, do mesmo xeito que a liga B, Chapela Wofco foi a embarcación que se fixo co título de campioas galegas o ano pasado. Tras renunciar ao pasado play off de ascenso á liga Euskotren, manteñen a súa posición como favoritas para conquistar o seu segundo podio consecutivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará